Foto:josé alfredo almeida |
Esperta o espírito gardián
dos mares
e como unha pregaria
repítese cada día perdémonos
no brillo que nel
se reflicte
de dourados tons e
delicados ocres suaves.
Todas as mañás nacen
do mar
e bican ao día coa súa lingua
de lume
abrázanse ao horizonte no
caer da tarde
para durmir cos astros baixo
o escuro espello.
Esperta o espírito gardián
dos mares
na liña que separa a luz das
sombras
a vida móstranos o seu fugaz
resplandor
e nas súas mans
só somos po de estrelas.
Carmen Muñoz Fernandez
...AMEI....!!!
ResponderEliminar